Pobo susu | |
---|---|
![]() Homes susu con intrumentos musicais tradicionais en 1935. | |
Poboación | |
Poboación total: ~2,2 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | 2 042 287 |
![]() | 203 779[2] |
![]() | 45 000 |
![]() | 5 500 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua susu, francés e inglés |
Relixión | islam |
Os susu son un pobo mandé de África Occidental que vive principalmente en Guinea e no noroeste de Serra Leoa, particularmente no distrito de Kambia.[3][4] Un grupo moi influente en Guinea, existen pequenas comunidades de susu nos estados veciños de Guinea-Bissau e o Senegal.
Os susu son unha sociedade patrilineal, predominante musulmá, que favorece os matrimonios endóxenos entre curmás con fogares polixínicos comúns.[3] Teñen un sistema de castes como tódolos pobos de fala mandinga de África Occidental, onde os artesáns como os ferreiros, os carpinteiros, os músicos, os xoieiros e encoiradores son castes separados que se cre que descenden da escravitude da época medieval.[3][5]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search